Cohousing Galicia

Outro modo de vivir é posible

Cohousing Galicia nace da iniciativa dun grupo de persoas implicadas desde diversos ámbitos profesionais na procura de solucións habitacionais que atopen na forza do común a ferramenta para conquerir o acceso de todas as persoas a unha vivenda digna, accesible e de calidade.

Desde o asesoramento e acompañamento o equipo de Cohousing Galicia guiará ós diferentes grupos e colectivos na procura dos instrumentos necesarios para desenvolver proxectos colectivos de vivenda.

Puedes contactar con el equipo en cohousinggalicia@gmail.com.