
María Pierres
Arquitecta, directora de soños e posibilidades
Literalmente a «lianta» do grupo. A miña obsesión pola xustiza social, unida a miña formación de arquitecta e proactividade crónica transformáronme nunha especie de alquimista en continuo proceso de búsqueda de novas fórmulas que permitan á xente non só vivir como soña, senón como merece.

Viki Abadía
Traballadora Social, orgullosa de selo
Metín o meu Mediterráneo nunha maleta e mudeime ás Rias Baixas, desde onde acompaño as persoas a escoitar e observar.
Porque «o esencial é invisible ós ollos».

Anselmo Villanueva
Arquitecto, coordinador xefe de vivencias e experiencias
As vocacións van moito máis alá dos títulos, e aínda que a miña formación é de arquitecto gústame vivir a profesión coma un artesán, namorado do bo facer e do bo uso do material pero tamén de todo o inmaterial, a luz, o espazo,… Cohousing Galicia supón a oportunidade de emprender novas propostas de habitar dun modo renovado e con visión de futuro.

África Rodríguez
Activista da cultura colaborativa
Desde fai 7 anos que abrimos o noso coworking Espacio Arroelo, a miña adicción á vida colaborativa non fai máis que incrementarse. Gústame axudar a que as cousas acontezan en equipo. Por eso, a miña última aventura é promover un estilo de vivir acorde coa miña forma de ver o mundo.
Chámase Cohousing.