Categorías
Blog

Copper Lane Group, Londres

Cohousing para 6 familias

A nosa arquitecta, María Pierres, presenta este modelo que representa ben esa opción de vivendas en cohousing para pequenas comunidades.

As claves deste proxecto son as seguintes:

  • Este modelo de cohousing resposta a un esquema que se basea principalmente na fortaleza económica dun grupo para poder afrontar un desexo . É obvio que a capacidade de inversión dunha comunidade fronte a dun particular é moito maior e permite, coma neste caso, vivir en entornos privilexiados e ben comunicados gracias ó apoio duns e doutros.
  • Foron seis as familias que se asociaron para mercar un terreo de 1.000 m² no norte de Londres. O terreo estaba anteriormente ocupado por unha igrexa en ruinas, polo tanto totalmente desaproveitado e infrautilizado.
  • Encargaron un proxecto que contemplase seis vivendas unidas ó redor de espazos comúns e dun patio con xardíns perimetrais. A disposición das mesmas, e os patios axudan a que as vivendas manteñan unha sensación de unifamiliares e non tanto de edificación plurifamiliar. Este foi un punto importante do encargo, vivir con esa intimidade e calidade espacial dunha vivenda unifamiliar, e afastarse de modelos más repetitivos e en bloque. Para conquerir isto a comunidade renuncia conscientemente a parte da edificabilidade da parcela, precisamente porque o seu fin no é especulativo, senón de calidade dos espacios baleiros, o verdadeiro privilexio dun edificio en pleno centro dunha gran cidade. Como eles mesmos din, «é unha comunidade na que te sintes parte dalgo, pero sen pasar por alto a necesaria privacidade de cada quen».
  • Unha edificación arquitectónicamente moi interesante, non só por ese uso dos baleiros, patios e xardíns que traballan moi ben esa necesidade de espacios de transición e de privacidade, senón polo uso moi acertado dos materiais, madeira e ladrillo a cara vista, dous materiais que aportan moita domesticidade e calidez a todo o conxunto. O uso dos ocos nas vivendas, dos espacios previos e pequenos patios, e o esforzo de desenvolver cada vivenda segundo un esquema personalizado e cun compensado uso de privilexios iguais para todas, é o que permite que a edificación tamén se vexa con moita harmonía e personalidade, sen distinguir ben ónde comeza unha e onde remata outra.
  • Copper Lane Group logrou acadar os seus obxetivos de vivir en grandes casas individuais , especialmente para Londres, e que non poderían ter pagado noutro lugar de forma individual. Esta necesidade levou a xerar unha comunidade forte e alineada en necesidades e obxetivos. Todos na comunidade actúan como directores, e todos toman as decisións.
  • Este o proceso levoulles 6 anos, desde a toma de decisión de compra do terreo ata o momento de ocupar as vivendas. Hai que destacar que o terreo o mercan sen dereito á urbanizalo, algo que lles levaría 3 anos solucionar, entre permisos e licenzas.

Cressida Hubbard, de Copper Lane Group, resume ben as intencións do proxecto: “Estabamos a bucar o modo de reter os nosos propios espacios de vida autónomos, combinados con varios espacios interiores e exteriores que fomentaran diferentes formas de interacción: compartir unha comida, traballar unha horta, charlar mentras lavamos, compartir libros a través dunha biblioteca comunitaria, un espacio de traballo compartido, unha mesa de ping-pong, un can da comunidade, un lugar para toparse e intercambiar algunhas verbas ó final do día…

Iso é Copper Lane Group, e así viven. Unha illa habitacional privilexiada no medio dun Londres acostumado a «traficar» co solo e a súa máxima explotación.

Agardamos os guste e atopedes nel un exemplo máis de todas as posibilidades do modelo cohousing para vivir e aproveitar as sinerxias dunha comunidade.