María Pierres, os seus top ten.

Este cohousing gústame especialmente polo seu carácter pioneiro.
Trátase do primeiro cohousing para persoas maiores completado no Reino Unido.
E para comprender o contexto no que naceu é preciso apuntar que en toda Inglaterra, o 70 por ciento das mulleres maiores de 75 anos viven en soidade. Esta iniciativa parte dun grupo de 26 mulleres que proviñan de asociacións feministas e LGTBI que sendo solteiras maiores de 50 anos querían apoiarse mutuamente a medida que envellecían, e evitar a soidade non desexada. Cada residente ten o seu propio departamento a medida; 17 das casas son de propiedade privada e oito son para alugueiro social.
Neste cohousing déronse polo tanto moitas alianzas entre asociacións, algo que fala da importancia de crear sinerxias entre grupos, institucións e incluso entidades bancarias. Todo suma nunha experiencia deste tipo.
As mulleres de New Ground son o exemplo perfecto da convicción da comunidade neste modelo habitacional. O seu proceso dilatouse en exceso no tempo, nin máis nin menos que 16 anos!, e aínda así, saiu adiante…
A razón deste retraso foi que tiveron que asumir elas mesmas gran parte dos cometidos de cada fase do proceso. Ben é certo que unha Asociación de Vivenda as axudou nos inicios cubrindo certos gastos, e colaborando finalmente coa posta a disposición do solar, unha antiga escola do Barrio de High Barnet.
Todo cohousing depende en gran medida da capacidade económica do grupo de persoas que o conforman, e neste caso podemos falar de que é un de categoría intermedia, no que cabe salientar o feito de que a propia asociación ou cooperativa conformada é a propietaria principal da edificación, tamén das 8 vivendas de alugueiro social, e eles deciden en cada momento sobre estas vivendas e a súa ocupación a prezos sempre asequibles. Unha función social que sen dúbida hai que destacar e moito, polo que supón de contribución social deste tipo de comunidades que suplen en moitos casos a laboura das administracións públicas.
Interesante a opción que plantexaron de contar cun apartamento para «convidados» que se sitúa na pranta superior da edificación e pode ser empregada puntualmente por calquera amizade ou familiar das residentes.
Outros extras interesantes deste cohousing son:
- Todas as vivendas teñen balcón amplo ou terraza
- Gran xardín comunitario con espacio reservado para hortas
- Cociña común
- Lavandería y zona de secado comunitaria
- Parking comunitario
- Sala de reuniones de 82 m2
- Oficinas gestión cohousing
Agardo vos guste tanto coma a mín. Aquí vos deixo unhas imaxes para que o coñezades con máis detalle.



















