Categorías
Blog

Podo permitirme entrar nun Cohousing?

Dudas habituais sobre o Cohousing

Son moitas as persoas que amosan o seu interese en participar dunha iniciativa de Cohousing, pero o fan cun medo que entendemos lóxico e realista.

¿Poden en verdade familias e persoas con poucos recursos económicos aspirar a disfrutar dunha vivenda nunha comunidade deste tipo?.

A resposta é moi clara, “sí”.

E a pregunta seguinte tamén parece obvia, “¿cómo?”.

Primeiramente… contando coa boa disposición da comunidade na que se pretende participar para a búsqueda de solucións e alternativas. Non se pode obviar que as comunidades decidirán en todo caso as fórmulas de cooperación, o rango económico da inversión, etc… Se a súa decisión é pertencer a unha edificación sen moita financiación externa, ou dun rango alto de inversión e servizos, é probable que eso restrinxa e moito a entrada dalgunhas persoas interesadas.

A boa nova é que existen múltiples modelos de cohousing, tantos como persoas, e non será complicado atopar un grupo con prioridades diferentes, como pode ser a inclusión social.

No caso de pertencer a un grupo de cohousers con esta especial sensibilidade social habería que ter en conta outras cuestións que poden determinar as posibles solucións:

  1. A capacidade para entrar dentro do rango mínimo de aportación económica a modo de anticipo que marque a comunidade na que se aspira participar. Moitas comunidades ou cooperativas optan por pedir unha hipoteca  á unha entidade da banca ética para afrontar construción da edificación, pero adoitan realizar un  adianto para afrontar a compra do solar,  aportando cada familia unha cantidade. Esa cifra dependerá dos casos e das negociacións.  Se a comunidade atopa por exemplo vías de financiación extraordinarias ligadas ó carácter da edificación, como pode ser a súa eficiencia, sostibilidade, accesibilidade, contribución social, e facelo mediante fondos europeos, estatais ou autonómicos, ou incluso a cesión do solo sen custe por parte dunha administración podería darse o caso de que a pesar dos baixos recursos económicos dunha familia ou persoa sí se poida participar en igualdade de condicións co resto de cooperativistas.
  • A familia terá que garantir uns ingresos mínimos vitais que lle permita asumir o custe do  alugueiro mensual que inclúa o custe da súa parte da hipoteca e a parte dos servizos comúns (no caso de empregar a fórmula da cesión de uso), e que adoitan ser máis baixos que os do mercado libre de vivenda. Esto se valoraría durante o proceso, e estaría moi ligado tamén ós metros de uso particular que se pretenda ocupar dentro da edificación.
  • No peor dos casos, de non contar con ingresos suficientes  para  afrontar nin unha inversión inicial  nin o custe do alugueiro, a comunidade que opte por empatizar coa realidade social doutras familias, pode desenvolver fórmulas de cooperación coas institucións locais e autonómicas, como pode ser solicitar  axudas ou subvencións para aquelas familias que o precisen e que permitan a financiación total ou parcial da súa imprescindible entrada e aportación económica.

Unha financiación xa contemplada no Plan Estatal de Vivenda e que dota ás comunidades de fondos para garantir o acceso a unha vivenda de familias e persoas con especial vulnerabilidade ( xóvenes, maiores, persoas con discapacidade, familias monoparentais, familias numerosas, vítimas de violencia, etc..). A maiores se poderían estudar e replicar solucións, algunhas tal vez novidosas en España, pero  xa empregadas noutros países e rexións europeas, e que dependerán das vontades de ámbalas dúas partes negociadoras, esto é administracións e comunidades.

  • No caso de alianzas coa administración local se poderían traballar convenios que foran de interese entre as dúas partes. Non esquezamos o potente poder dunha comunidade de cohousing para actuar como dinamizador social dunha área urbana ou rural.  Alianzas que poderían darse tamén para facilitar o acceso a unha vivenda para colectivos de especial dificultade de integración e emancipación, como as persoas con discapacidade intelectual. Neste senso sería de vital importancia crear lazos de colaboración coas asociacións e institucións en defensa dos dereitos deste colectivos.

Por todo isto é sinxelo comprender o papel fundamental das persoas facilitadoras neste tipo de procesos. Profesionais coordinadas que, entre outros moitos dos seus cometidos está o de deseñar estratexias e actuar de canles entre comunidades e administracións para garantir por un lado o éxito final das iniciativas pero tamén para que calquera persoa que encaixe nun grupo ou comunidade non teña que ser excluida durante o proceso por mor dunha dificultade engadida, sexa esta física ou económica.

O Equipo de Cohousing Galicia está neste momento traballando todas estas variables e as posibles casuísticas, co firme convencemento de que novos modos de facer e de repensar as políticas públicas de vivenda son posibles, e a forza que parte do común e das persoas será sen dúbida o mellor e máis eficaz modo de acadalo.

Seguimos!

María Pierres