O cohousing ou covivendas son comunidades intencionais de persoas que se unen para convivir de forma colaborativa.
A pesares de non existir un modelo único de cohousing, podemos falar dunha serie de factores comúns presentes en toda iniciativa de cohousing:
- A comunidade decide ónde, cómo e con quén vivir.
- A diferencia doutro tipo de edificacións, no cohousing a parte comunitaria cobra especial importancia e relevancia.
- Son vivendas baseadas na sostibilidade social, pero tamén na económica e construtiva.
- Adoitan ser de iniciativa privada pero tamén existen exemplos que parten do público.
- É un modelo contrario á especulación, onde a accesibilidade á vivenda é un dos seus valores máis primordiais.
- A xestión de todo o proceso adoita estar en mans dunha asociación ou cooperativa que comparte os mismos valores e obxectivos.
Falsas crenzas:
- Non é un modelo novo. Leva máis de 40 anos implantado no Norte de Europa e son xa centas as experiencias non só por toda Europa e resto do mundo, senón incluso en España.

- Non é só para persoas maiores. O cohousing é un modelo ampliamente empregado en comunidades onde convive xente de todas as idades, pero tamén para colectivos con especificidades moi concretas, como pode ser o colectivo LGTBIQ.

- Non resta privacidade. Calquera usuario dun cohousing gozará sempre dunha unidade de vivenda totalmente independente, e a esta engadirá moitos servicios comúns, tantos como a comunidade decida e convenie previamente.

- En Galicia non funcionaría. E logo?? Será que en Galicia non sabemos o que é a colaboración e o apoio da veciñanza nas matanzas do porco, na pesca artesanal, nas mallas, nas festas!??. Temos a mellor das terras, a mellor das sementes, tan só precisamos do pulo!
