Categorías
Blog

Cohousing Projekthaus para 7 familias en Potsdam

María Pierres, os seus top ten

Este exemplo de hoxe penso é interesante por ser unha solución factible para grupos ou comunidades pequenas.

Este cohousing alemán é quizáis un modelo moito máis achegado ó concepto de vivenda colectiva que temos no noso país.

Parte da doación do solar por parte dunha asociación comunitaria propietaria dunha antiga villa rehabilitada nas aforas de Potsdam e que conta cun gran xardín.

O cohousing desenvolverase nese gran xardín e albergará 7 vivendas.

As persoas que conformaron esta comunidade apostaron por unha edificación do tipo Passiv Haus, altamante eficientes e sostibles.

Incidiuse moito na envolvente térmica do edificio así como no sistema de calefacción, que proporciona auga quente e calor a todas as vivendas dun modo extremadamente rentable. Esta aposta pola eficiencia enerxética permitiulles acceder a préstamos con tasas de interese moi baixas por parte de entidades bancarias que apoian este tipo de iniciativas.

Os sete apartamentos varían en tamaño desde 45 metros cadrados (unha persoa) ata 93 metros cadrados (catro personas). Tamén hai unha pequena oficina / apartamento de convidados (30 metros cadrados) desde o que opera un dos equipos orixinais (asesora a outros grupos en proxectos similares).

O custe total do proxecto foi de 850.000€ contando todos os gastos e honorarios. Esto é, unha media de 120.000€/vivenda. Un prezo máis que razoable tendo en conta o baixo matemento destas vivendas. E por suposto en clara vantaxe respecto a outras edificacións desa área, onde o prezo é un 30% máis elevado.

Un claro exemplo dos beneficios de emprender un proxecto deste tipo en comunidade, non só polos beneficios de vivir en comunidade e compartindo servizos, senón tamén desde o punto de vista económico.

Agardo vos guste!

María